30/10/07

BALDOSA 39: CURSO DE COGOMELOS


Se queres saber todo sobre os cogomelos, a Asociación a Fervenza de Ouzande de A Estrada organiza un curso no mes de novembro.

datas: do 12 ao 16 de novembro
hora: 20.30
lugar: local social do campo da festa de Ouzande
inscrición: na taberna de Ouzande ou en carreirosouzande@gmail.com
(é necesario achegar unha copia do dni)

O curso é de balde e as prazas son limitadas

28/10/07

BALDOSA 38: Estrella Galicia


Aquí vai un anuncio que atopei e que foi publicado o 7 de agosto de 1928 en El Emigrado, de A Estrada (Pontevedra).

BALDOSA 37: Inferno rock




Neste link poderedes ver o programa do II festival inferno rock que se celebrará na Estrada nos proximos días 16 e 17 de novembro na sala Lennon. Haberá zona de acampada, e buses de ida e volta a Santiago.

O cartel de artistas: Venres 16: Rosendo, Gatillazo, Boikot, Nao, Knell.

Sábado 17: Soziedad Alkoholika, Habeas Corpus, Koma, Ktulu


Prezos: 1 día 20 € anticipada e 25 € en taquilla. Bono para os 2 días 35 € anticipada e 45 € en taquilla.

BALDOSA 36: Carta ós corintios

Aqui vos poño un vídeo do programa da TVE "el rey de la comedia" onde aparece Fran Campos nun resumen da súa actuación. Ánimo Fran e moita sorte.

22/10/07

BALDOSA 35: NON ME ESQUECÍN

É verdade, levo moito tempo sen escreber nada no blog. Pero non me esquecín del. Pronto volverei ó ritmo normal e de seguro que pondrei novas moi amiudo. Perdoade. Estou a descobrir novas tecnolóxicas ;-D.
Un saudiño para todos os meus lectores, e, ata moi pronto.